Na sesión ordinaria do Consello de Goberno da Universidade de Vigo, celebrada o día trinta e un de outubro de 2022, aprobouse a constitución da Xunta de Facultade de Relacións Internacionais (punto 4 da orde do día). Tanto a súa composición como funcións veñen determinadas polo artigo 38 dos Estatutos da UVigo aprobados por Decreto 13/2019, de 24 de xaneiro.
Composición
Equipo decanal
- Decana comisaria – Laura Carballo Piñeiro
- Secretaria comisaria – Laura Movilla Pateiro
- Vicedecana comisaria – Elena de Prada Creo
Persoal de Administración e Servizos (PAS) – Sector D
- Representante do PAS
Estudantado
- Representante do estudantado
Eleccións
Eleccións a representantes do estudantado na Xunta de Facultade
Calendario electoral
Data | Proceso |
---|---|
Do 8 ao 13 de febreiro | Exposición dos censos provisorios |
Do 14 ao 17 de febreiro | Reclamacións aos censos provisorios |
20 de febreiro | Exposición dos censos definitivos |
Do 22 ao 24 de febreiro | Presentación de candidaturas. |
27 de febreiro | Proclamación provisoria de candidatos/as |
Do 28 de febreiro ao 2 de marzo | Presentación de reclamacións á proclamación provisoria de candidatos/as |
3 de marzo | Proclamación definitiva de candidatos/as |
8 de marzo | Votación na Aula 2.2 de 15.00 a 18.00 horas: Acta |