O Grao trilingüe en Relacións Internacionais persegue dotar ao seu alumnado dunha formación integral e interdisciplinar con particular atención a actores e temáticas de interese mundial como os desafíos que expón o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible de Nacións Unidas, a cooperación para o desenvolvemento, o papel das grandes empresas multinacionais, ou a xestión de proxectos e plans de desenvolvemento de carácter público e privado.
Oriéntase así cara ao estudo dun mundo globalizado, o que esixe abordar cuestións de política intercontinental, economía global, dereito internacional público e privado, relacións transfronteirizas de mercado, movementos de persoas e recursos, o efecto da actividade humana no medio ambiente e moitos outros temas, cun alcance tanto micro como macro.
Para abordar estes retos, precísanse profesionais expertos capacitados para interpretar e entender as sociedades actuais, comprendendo as relacións internacionais nos distintos ámbitos (político, empresarial, xurídico, histórico, etc) e defendendo en particular valores como a xustiza, a solidariedade, a democracia ou a defensa dos dereitos humanos.
Perfil de ingreso
Estudantado interesado nas relacións internacionais ou en traballar neste eido nas administracións públicas, corpos diplomáticos, organismos internacionais, organizacións non gobernamentais, no ámbito educativo ou da investigación en centros nacionais, estranxeiros e laboratorios de ideas (think tanks), en consultaría internacional para pequenas, medianas empresas e multinacionais, ou en dirección de proxectos.
Saídas profesionais
- Administracións públicas.
- Corpo diplomático.
- Organismos internacionais e organizacións non gobernamentais.
- Educación e investigación en centros nacionais e estranxeiros, incluídos os laboratorios de ideas (think tanks).
- Consultaría internacional para pequenas e medianas empresas, ademais de multinacionais.
- Dirección de proxectos.
Accesos directos
Coordinación
Marcos Álvarez Díaz+34 988 368 764