Equipo decanal
Laura Carballo Piñeiro
Decana
+34 988 368 836
Elena de Prada Creo
Vicedecana
+34 988 368 726
Laura Movilla Pateiro
Secretaria
+34 988 368 833
Órganos de goberno
É o órgano fundamental no que se adoptan as decisións de maior calado. Está composta polo Estudantado (30%), Persoal Técnico, de Xestión e de Administración e Servizos (10%) e Profesorado (60%), do seguinte xeito:
- O/A Decano/a, que a preside
- O/A Secretario/a, encargado/a de rexistrar os debates e acordos adoptados
- O resto do equipo decanal
- Todo o profesorado funcionario
- Unha representación do persoal docente e investigador non funcionario
- Unha representación do estudantado (unha sexta parte serán de terceiro ciclo)
- Unha representación do persoal técnico, de xestión e de administración e servizos
Composición
- O/A Decano/a que a preside
- O/a Secretario/a, encargado/a de rexistrar os debates e acordos adoptados
- O resto do equipo decanal
- Dez membros do profesorado elexidos pertencentes á Xunta de Facultade
- Sete estudantes, tres de cada titulación e o restante da que teña maior matrícula
- Dous representantes do PTXAS
As Comisións Asesoras defínense como instancias de asesoramiento técnico actuando por delegación da Xunta de Facultade ou da Comisión Delegada Permanente. Pola súa propia natureza, non toman decisións, agás mandato expreso dalgunha delas, e responden a cometidos fixos ou constitúense para resolver asuntos concretos, deixando de existir ao rematar estes.
Na creación deberase especificar a súa finalidade, composición e normas de funcionamento. Serán presididas polo/a Decano/a, ou persoa en quen delegue, que dirixirá e moderará os debates. As persoas membros das comisións teñen que pertencer á Xunta de Facultade, ainda que a persoa que ocupe a Presidencia poida convidar a participar nelas, con voz e sen voto, a outros membros da Facultade.
As reunións das Comisións celébranse na Facultade en días hábiles e son convocadas por escrito cunha antelación mínima de 48 horas, salvo no caso de urxencia apreciada pola persoa que ocupe a presidencia que poderá facelo de forma verbal. Constitúense validamente cando estean presentes a metade dos seus membros, e adoptarán os seus informes, propostas e recomendacións por maioría simple, sendo preciso que no momento da votación exista o quorum sinalado.
Os seus membros cesarán no momento en que perdan a súa condición de membros da Xunta de Facultade, cesen no cargo académico que concede esta condición, por requerimento propio, ou cuando se produza a elección dun/nha novo/a Decano/a. Nestes casos, procederase á elección dos novos membros dentro do sector correspondente no prazo máis breve posible. O funcionamento interno das comisións será determinado por elas mesmas no caso de non existir regulamento en instancias superiores.
Nestes intres, as comisións en funcionamento son as seguintes:
- Comisión de Validacións. Encárgase de asesorar ao/á Decano/a nos recoñecementos de créditos cursados noutros centros de ensino.
- Comisión de Relacións Internacionais. Asesora e fai o seguimento de programas de mobilidade e estudantado en intercambio.
- Comisión de Avaliación Curricular. Analiza os curriculos do estudantado que solicita avaliación curricular para determinar se é procedente a consideración de apto.
- Comisión de Garantía de Calidade. Fai o seguimento do Sistema de Garantía de Calidade.
- Comisión de Docencia. Encárgase do seguimento das titulacións da Facultade para detectar as súas fortalezas e debilidades; facer propostas de mellora ante os problemas que se detecten; valorar as distintas propostas de organización de horarios e calendario de exames.
- Comisión de Traballo Fin de Grao. Asesorará ao Decanato en todo o que ten que ver co desenvolvemento e a interpretación da normativa aplicable aos TFG e a resolución de reclamacións.
Decanato
Negociado de Asuntos Xerais
Edificio Xurídico-empresarial
Despacho 423
Campus Sur
32004 Ourense
+34 988 368 883