Logotipo Universidade de Vigo

Select your language

As prácticas externas constitúen unha actividade de natureza formativa co obxectivo principal de completar e aplicar, nun ámbito profesional, competencias e coñecementos propios do ámbito das Relacións Internacionais.

Para os efectos académicos, as prácticas poderán adoptar dúas modalidades:

  • Prácticas curriculares, que se configuran como actividades académicas integradas nun plan de estudos con carácter obrigatorio.
    Trátase dunha materia de 6 ECTS que se imparte no segundo cuadrimestre de cuarto curso. So pode matricularse na mesma quen teña superado un mínimo de 150 ECTS neste grao.
  • Prácticas extracurriculares, que aínda tendo os mesmos fins que as prácticas curriculares, non se inclúen no plan de estudos e teñen carácter completamente voluntario.
    Pódese solicitar o recoñecemento destas prácticas como curriculares sempre e cando 1) o número de horas sexa como mínimo de 150, 2) se acredite a adquisición de competencias asociadas á materia, 3) se teña superado un mínimo de 150 ECTS no grao, e 4) se cumpran os demais requisitos esixidos para as prácticas curriculares.

Tamén cabe a posibilidade de realizar as prácticas externas no estranxeiro sexa no marco do programa Erasmus sexa a través dun convenio de colaboración educativa cunha entidade estranxeira. A tramitación destas prácticas depende da Oficina de Relacións Internacionais (ORI).

Xestión das prácticas externas

Pódense realizar en empresas, institucións ou entidades, públicas ou privadas, coas que a Universidade de Vigo teña asinado un convenio de cooperación educativa que estea en vigor. Consulta a listaxe de convenios.

O estudantado pode promover a sinatura dun convenio cunha empresa, institución ou entidade do seu interese a través da Fundación Universidade de Vigo (FUVI). Consulta os trámites.

A oferta de prácticas curriculares dirixida aos matriculados/as na materia obrigatoria de Prácticas Externas faise ao comezo do segundo cuadrimestre.

Sexan prácticas curriculares ou extracurriculares, antes do seu comezo é obrigatorio asinar 1) un documento de formalización da práctica asinado pola entidade onde se realiza a práctica mais o/a interesado/a; e 2) dar de alta na seguridade social ao/á interesado/a.

Para o desenvolvemento da práctica debe nomearse un/ha titor/a académico/a interno así como un/ha titor/a de prácticas onde estas se realicen. Ao finalizar, deben emitirse tres documentos: un por cada un dos/as titores/as mais unha memoria de prácticas elaborada polo/a interesado/a.

Enlaces de interese

Antes de solicitar calquera modalidade de prácticas externas, recoméndase consultar:

Para buscar prácticas:

Coordinación

José Ángel Vázquez Barquero

+34 988 368 721
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.