Logotipo Universidade de Vigo

Select your language

O Traballo de Fin de Grao (TFG) é unha materia obrigatoria de 6 ECTS que debe realizarse no 2º cuadrimestre do 4º curso do grao.

O TFG ten como obxectivo que o estudantado desenvolva de forma autónoma un proxecto, memoria ou estudo no ámbito das relacións internacionais, aplicando, integrando e desenvolvendo os coñecementos e competencias adquiridos ao longo da titulación. O TFG deberá demostrar a madurez académica do/a estudante, así como a súa capacidade para identificar e analizar problemas, formular hipóteses, argumentar con rigor e estruturar a información de maneira clara e coherente.

Normativas do TFG

Formularios

 

Curso académico 2026/2027

Coordinación

Luis Velasco Martínez
+34 988 387 114
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.