O Sistema de Garantía de Calidade do centro, en proceso de elaboración, constitúe unha ferramenta estratéxica básica para acadar unha mellora continua da Facultade de Relacións Internacionais e das súas titulacións oficiais
Neste sentido, hai que sinalar que o Real Decreto 1393/2007, de 29 de outubro de 2007 (derogado polo RD 822/2021, do 28 de setembro de 2021), polo que se establece a ordenación das ensinanzas universitarias oficiais, esixe, para a verificación e acreditación dun título, a incorporación dun sistema de garantía interno para a avaliación, seguimento e mellora da calidade da oferta formativa.
Documentación básica do Sistema de Garantía de Calidade (SGC):
- Manual de Calidade
- Política e obxectivos de calidade
- Procedementos do SGC
- Rexistros e evidencias do SGC