Comezo do curso 2024/2025

Para o estudantado do primeiro curso, terá lugar unha Xornada de Benvida organizada pola Vicerrectoría de Estudantes no Campus de Ourense o día 4 de setembro.

As clases tanto do primeiro curso como do segundo curso do Grao en Relacións Internacionais comezarán o día 9 de setembro seguindo os mesmos horarios que o resto do cuadrimestre.

O profesorado de cada materia fará unha presentación da mesma no horario correspondente á súa clase.