En relación cos estudos do Grao en Relacións Internacionais no campus de Ourense, a prevista adscrición a un novo centro (a Facultade de Relacións Internacionais) non obsta para que existan xa instalacións, particularmente, no denominado Edificio Xurídico-Empresarial, que son adecuadas para albergar a titulación, á espera de que poida gozar dun espazo propio.

Neste sentido, como medios materiais e servizos dispoñibles inclúense todas as infraestruturas e equipamentos do mencionado edificio, idóneas para o desenvolvemento dos ensinos impartidos no grao en relacións internacionais, considerando ademais a especialización prevista sobre xestión de proxectos e negocios internacionais. Para ese efecto, priorizáronse os mecanismos tendentes a conseguir a plena eliminación de barreiras arquitectónicas en toda a facultade.

O edificio conta con instalacións que cumpren plenamente as esixencias de accesibilidade establecidas na normativa de aplicación. En concreto, existen zonas de aparcadoiro para persoas discapacitadas, ramplas para facilitar o acceso ao edificio desde o exterior e ramplas interiores que facilitan a mobilidade entre as distintas dependencias do centro. As distintas plantas do devandito edificio tamén están dotadas cos ascensores necesarios. Por último, existen servizos convenientemente preparados para o seu uso polas persoas que se atopan en situación de discapacidade.

Detállanse a continuación os espazos dispoñibles no edificio, contando os destinados á actividade docente cunha distribución e número equivalente tanto para a Facultade de Dereito como para a de Ciencias Empresariais e Turismo, e unha serie de espazos comúns, tamén de interese.

Poden consultarse nas seguintes ligazóns: