O plan de estudos contempla a posibilidade de que os alumnos seleccionen entre dous itinerarios de intensificación curricular, traducibles na súa correspondente mención no título, constituídos cada un deles por dez materias obrigatorias e específicas do itinerario (60 créditos en total).

A Universidade da Coruña oferta o itinerario en Cooperación para o desenvolvemento, e o da Universidade de Vigo o de Xestión de proxectos e negocios internacionais. Os estudantes poderán cursar calquera das dúas mencións independentemente de cal fose a universidade pola que conseguiron o acceso, aínda que deberán matricularse na universidade na que se ofertan as materias de mención que queren realizar.

En todo caso, debe advertirse que tamén teñen a opción de obter o título de Graduado en Relacións Internacionais sen mención, ou poden cursar ambas as opcións se así o desexan.

Os dous itinerarios son:

Esta mención permite coñecer os resortes que moven a xestión de proxectos e negocios transfronteirizos. Nunha contorna globalizada, a competitividade internacional non é só unha preocupación de grandes empresas, senón que tamén concierne a administracións públicas, pequenas e medianas empresas. O acceso a proxectos e contratos depende, por tanto, de profesionais altamente capacitados que saiban utilizar as metodoloxías e ferramentas de captación e xestión con maior implantación internacional. Neste sentido, esta mención está orientada a que o seu alumnado pode demostrar que as mesmas se utilizan efectivamente e domínanse en liña con estándares internacionais esixidos pola certificación Project Management Professional – Project Management Institute (PMP – PMI) e a ISO 21500 de Xestión de Proxectos, que son o referente contractual, comercial e operacional neste campo de traballo.
As seguintes materias son obrigatorias para obter a mención en xestión de proxectos e negocios internacionais:

  • Economía internacional
  • Fundamentos da xestión de proxectos internacionais
  • Sistema financeiro e finanzas internacionais
  • Investigación de mercados internacionais
  • Planificación, control e avaliación da xestión (I)
  • Planificación, control e avaliación da xestión (II)
  • Diplomacia e protocolo internacional
  • Fundamentos de Dereito internacional privado e uniforme
  • Práctica de Dereito internacional privado
  • Estranxeiría
  • Idioma estranxeiro

Esta mención permite aos estudantes adquirir os coñecementos e as competencias necesarias para levar a cabo acciones e proxectos de cooperación internacional para o desenvolvemento, tanto a través da investigación como a través de intervencións sobre o terreo. A cooperación para o desenvolvemento require de perfís profesionais comprometidos coa defensa dos dereitos e a mellora das condicións de vida das persoas máis vulnerables, especialmente nos países con menores niveis de desenvolvemento. Esta mención permite cualificar aos estudantes na investigación e a xestión de proxectos de cooperación, no marco da política de cooperación ao desenvolvemento española e en liña coa Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible, con atención aos enfoques transversais de dereitos humanos, de xénero, culturais e ambientais.
Para iso, as seguintes materias específicas da mención en Cooperación para o desenvolvemento serán as seguintes:

  • Xestión de Proxectos de Cooperación I
  • Xestión de Proxectos de Cooperación II
  • Ciencia, Tecnoloxía e Sociedade Global
  • Movementos Migratorios e Codesenvolvemento
  • Planificación Integral do Desenvolvemento Local
  • Tecnoloxías de Información para o Almacenamento, Xestión e Análise de Datos
  • Recursos de Información para a Cooperación Internacional
  • Antropoloxía Aplicada e Mediación Cultural
  • Historia da Expansión Europea
  • Filosofía Política
  • Idioma estranxeiro